O BNG fai en Castroverde un chamamento para converter en masiva a manifestación do 25 de xullo

La Voz LUGO / LA VOZ

CASTROVERDE

Ana Garcia

Os nacionalistas aspiran a que o acto de Santiago sexa a antesala dun novo ciclo político

14 jul 2019 . Actualizado a las 13:31 h.

O Bloque Nacionalista Galego celebrou hoxe en Castroverde un dos actos de campaña de caro á celebración do Día da Patria o 25 de xullo. O deputado autonómico Xosé Luís Rivas, Mini, e a vicevoceira parlamentaria Olaia Rodil mantiveron un encontron con arredor de 200 persoas. 

Rivas aproveitou para poñer en valor o «orgullo de ser da nación galega» e animou a participar na manifestación do día 25. Os nacionalistas queren que ese día se dea o pistoletazo de saída a un novo tempo político que terá un momento clave nas elecións autonómicas do vindeiro ano. «Galiza precisa un novo impulso, e desde esta celebración en Castroverde o BNG fai un chamamento a encher as rúas este 25X e converter o Día da Patria no arranque dese novo ciclo política que quere unha maioría social, cansa de ver a onde nos leva o desgoberno do PP e do señor Feixóo. É o momento de pasar a páxina deste decenio negro, o momento de abrir un tempo novo de esperanza no futuro, e aquí está a man tendida do BNG para sumar nesa dirección, cun proxecto serio, solvente que ten a cabeza, o corazón e os pés ben chantados neste país», manifestou o parlamentario.