«Non estamos cumprindo as nosas expectativas iniciais»

luis conde MONFORTE / LA VOZ

CASTROVERDE

ALBERTO LÓPEZ

O equipo da Carqueixa está quinto, pero o técnico admite que agardaba algo máis

23 ene 2019 . Actualizado a las 19:00 h.

Juan Diéguez cumpre a súa terceira temporada no Río Sil. O preparador monfortino recoñece que non está sendo un bo campionato, circunstancia que achaca a praga de lesións que leva asolando ao equipo dende que comezou a liga. A pesar das adversidades, Diéguez subliña que o principal obxectivo do equipo da Carqueixa é disputar a fase de ascenso.

-¿Que lectura fai da temporada e da quinta praza que ocupa o seu equipo actualmente?

-O que teño que dicir é que non estamos cumprindo as expectativas iniciais que tiñamos, pero a culpa desta situación está na falla de continuidade. A cantidade de lesións longas que tivemos penalizáronnos moito, o que nos impediu estar arriba nunha das dúas primeiras prazas.

-¿Manteñen o mesmo obxectivo do comezo do campionato?

-A estas alturas da temporada e tal e como estamos, o obxectivo do Río Sil é clasificarse para a promoción de ascenso. Iso é innegociable. Imos facer todo o posible por estar aí arriba.