Ruta polo románico, cine e magosto en Castroverde

CASTROVERDE

xabier moure

As actividades terán lugar o sábado 11

07 nov 2017 . Actualizado a las 09:45 h.

Sábado 11 • Todo o día • Castroverde •

A asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza un roteiro polo románico no río Tórdea, filme e magosto, o sábado 11. A ruta sairá ás 9.30 de Castroverde, polo val do río Tórdea, desde a igrexa de Espasande, Goi, Tórdea, Uriz, Cellán de Mosteiro... Ás 14.00 haberá xantar en Castroverde e ás 17.00, proxección do filme Un amigo llamado Xurxo, de Caamaño Castro e Serafín Trashorras, no salón de actos do CPI de Castroverde. Por último, ás 20.00, magosto organizado polo Concello, coa actuación de Zuncurrundullo e Os Acordeonistas de Castroverde. Para participar no roteiro é necesario avisar antes do día 5 no 659 523 060 ou en amigospatrimoniodecastroverde@gmail.com.