Amigos do Miño recolle varias bolsas de lixo do río na Terra Chá e en Castro de Rei

Xa a primeira hora da mañá do domingo, os dez voluntarios fixeron unha concentración no Bar Albariño de Muimenta


Lugo / La Voz

Amigos do Miño comezou onte ás nove da mañá unha xornada de recollida de lixo que se prolongou ata a unha e media do mediodía. Xa a primeira hora da mañá do domingo, os dez voluntarios fixeron unha concentración no Bar Albariño de Muimenta.

Varios tramos

A retirada fíxose en tramos comprendidos entre Fonmiñá (A Pastoriza) y Pacios (Castro de Rei) y entre Outeiro (Castro de Rei) y Quintela (Castro de Rei), é dicir, nos cotos da Terra Chá e de Castro de Rei. O primeiro ten unha lonxitude de 12 kilómetros e, o segundo, de nove. Este non é o primeiro ano no que o colectivo se compromete ca limpeza do río, posto que xa realizou labores similares en anos pasados.

Dende Amigos do Miño explican que, aínda que retiraron varias bolsas de lixo do río, cada ano recóllense menos, o que quere dicir que hai maior concienciación entre a sociedade.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Amigos do Miño recolle varias bolsas de lixo do río na Terra Chá e en Castro de Rei