O investimento do goberno da Deputación en Castro de Rei permitiu a contratación de 21 traballadores

La Voz

CASTRO DE REI

CARLOS CASTRO

Tamén se executarán obras en Vigo, O Colexio, Abilleira e Seixas

25 dic 2017 . Actualizado a las 14:36 h.

O Goberno da Deputación realizou un investimento de preto de máis de 900.000 euros nos últimos 18 meses para mellorar a calidade de vida dos 5.000 veciños de Castro de Rei. Con cargo a este investimento executaranse obras moi demandadas polos veciños como por exemplo o acondicionamento dos barrios de  Vigo, O Colexio, Abilleira e Seixas.

Emprego. Mediante os plans de fomento do emprego da Deputación na provincia, Castro de Rei permitiuse a contratación de 21 lucenses en paro cun investimento total de máis de 325.000 euros, o que contribuíu a mellorar os servizos municipais coa contratación de catro peóns para servizos múltiples, entre outros.

Servizos sociais. O executivo provincial achegou máis de 50.000 euros para prestar atención profesional aos 64 maiores de Castro de Rei que a Xunta non atende.

Investimentos. Cunha achega económica de preto de 70.000 euros realizáronse obras en Duarria, Pista da Rega, Castro e Abilleira, Ponte de Outeiro, e o camiño por Cabana. E con preto de 29.000 euros realizáronse melloras no alumeado publico da vila.

Infraestruturas. O Goberno da Deputación mellorará a pavimentación de Rúa Xosé Trapero Pardo, e adquirira un vehículo mixto de carga, ademais do acondicionamento de núcleos rurais municipais cun investimento total de 267.293 euros.

Turismo e Deporte. Unha das citas de referencia de Castro de Rei é a feira de artesanía de Mos, que conta cunha achega do organismo provincial de 4.000 euros; así como para a promoción do deportes e dos clubes de fútbol que compiten en 3ª división como por exemplo o Fútbol Club Castro que recibe 18.000 euros para os seus gastos de tempada.