Charla en Castro de Ribeiras de Lea sobre os riscos do mal uso das redes sociais e móbiles

La Voz VILALBA / LA VOZ

CASTRO DE REI

Ten lugar mañá, ás sete e media da tarde, na Casa da Cultura

02 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Conscientes dos riscos que supón a utilización incorrecta dos móbiles e das redes sociais, o concello de Castro de Rei, en colaboración dos CEIP Veleiro Docampo, Ramón Falcón e o IES da Terrá Chá «José Trapero Pardo», organizou unha charla aberta para pais, nais e interesados. Terá lugar mañá mércores na Casa da Cultura de Castro Riberas de Lea ás 19: 30 horas. En dita conferencia participarán Ramón Peña, formador da Garda Civil no plan para a convivencia e seguridade nos centros educativos e os seus entornos. Tamén participará Ángeles Amor, psicóloga clínica que falará sobre as adicións asociadas ás novas tecnoloxías. Ó remate das dúas conferencias, haberá un tempo para formular preguntas e inquedanzas.