Intensa xornada cultural de homenaxe a Manuel María

CASTRO DE REI

Será o sábado en Castro de Rei

24 may 2016 . Actualizado a las 10:28 h.

Sábado 28. Área recreativa do río Azúmara (Castro de Rei).

Máis de trinta colectivos e persoas a título individual renderanlle homenaxe a Manuel María este sábado. Esta intensa xornada cultural, coa que colabora a área de Cultura da Deputación, inclúe roteiros, conferencias, actividades infantís, un aberto de billarda e xogos tradicionais, música con Leña Verde de Pol, Os Valuros de Castro de Rei, la Banda Kibitka, Os Tres Trebóns, Mini e Mero, e Fran Amil e A Tribo Incomprensíbel; este último grupo interpretará diversos poemas de Manuel María a ritmo de rock and roll. As actividades prolongaranse desde media mañá ata ben entrada a noite. Unha foliada porá fin á xornada de homenaxe.