As ANPAS sobre o peche do colexio de Baamonde: «A inconsciencia deste tipo de decisións, pensadas dende un punto de vista caciquil, son as que desmantelan o rural galego»

Amosan a través dun comunicado o seu descontento tras saber a decisión firme da Xunta de deixar que o alcalde de Begonte peche o centro, no que estudan máis de 30 rapaces

Padres, alumnos y vecinos se concentraron a las puertas del colegio de Baamonde
Padres, alumnos y vecinos se concentraron a las puertas del colegio de Baamonde

Dende ANPAS GALEGAS recibimos a noticia do peche do colexio de Baamonde cunha absoluta incredulidade e rexeitamento. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai pechar un centro que ten un alumnado de 30 nenos e nenas, e vai condenar a unha zona rural á súa desaparición por unha razón falsa do alcalde do lugar, e por un interese exclusivamente orzamentario da administración autonómica. Por si non o tíñamos totalmente claro, agora xa o temos, nin o ensino público nin o rural galego son temas que o Goberno da Xunta teña a menor intención de respectar.

Que se peche o colexio de Baamonde é unha noticia triste, igual de triste que se ignore o benestar dos nenos, a opinión das familias e a supervivencia dun pobo por mor dun interese ou capricho político -que é do que estamos a falar-; pero que se faga logo do unánime rexeitamento da comunidade educativa e da veciñanza, que teñamos que ver que dende a consellaría estiveron a burlarse das familias, que se poña en evidencia o que significa a xente para estes que nos gobernan, fainos caer a todas a cara de vergoña allea.

A inconsciencia deste tipo de decisións, pensadas só dende un punto de vista absolutamente individualista e caciquil, son as que están desmantelando e esnaquizando o rural galego. Logo falarán de plans de recuperación, pero primeiro acabaron con el e despois botarémonos as mans a cabeza.

Se pechan un colexio do rural con esa impunidade, que vai pasar co resto?, mesmo con colexios máis pequenos, esperamos o mesmo? Que calquera escusa serva para pechalo? E co resto dos servizos esenciais, vai pasar o mesmo?

Porque facer un conservatorio en Begonte é unha escusa calquera. Begonte ten conservatorios a pouco máis de 20 km de distancia, en Lugo (23 km) ou en Vilalba (25 km), mentres que na propia provincia de Lugo hai grandes zonas sen posibilidade de formación musical, ou, xa postas, de idiomas ou artísticas. Pero iso á administración galega dálle o mesmo, non existe unha planificación dos mapas escolares, nin das dotacións educativas, as decisións tómanse dun xeito improvisado e sen criterio nin estudo previo, e senón é así que llelo digan ao alumnado da montaña lucense, a ver que infraestruturas ten ao seu dispor.

Sempre dixemos que procurar a igualdade de oportunidades para o alumnado da Galiza rural nunca estivo enriba da mesa dos políticos da Xunta, e con esta decisión ridícula e pomposa estannos a dar a razón. De aquí en diante, non imos tomar en serio ningunha declaración sobre o rural por moi bonita que sexa, se ven dun político do partido actualmente no goberno. Estamos cheas de palabras ocas que nada traen, e de feitos escuros que todo o levan.

É evidente que padecemos una crise demográfica importante, sen dúbida, e é cada vez máis evidente que o rural galego ten poucos votos, e iso faino pouco atractivo para algúns partidos para plantexarse unha política seria na súa defensa. Con estas decisións vese claramente o que temos.

Pero as que estamos co rural non imos deixar de facer todo o posible para que este modo de vida sobreviva, sen agardar por ninguén e menos polos ocupantes de certos despachos, e traballando e movéndonos en todas as frontes que poidamos. Non imos ficar en silencio mentres se acaba co noso futuro. 

Educación asume el cierre del colegio de Baamonde propuesto por el alcalde, del PP

La Voz
Concentración de rechazo del cierre del colegio de Baamonde, en Begonte
Concentración de rechazo del cierre del colegio de Baamonde, en Begonte

Desde Santiago prevén que ya no se permita la matrícula del curso 21-22

La Consellería de Educación, dirigida por el profesor Román Rodríguez, parece que al final aceptará cerrar el colegio de Baamonde ya para el próximo curso. Según el departamento de comunicación de la Consellería, se asume que el próximo curso, 21-22, ya no se podrán matricular los alumnos en el colegio de Baamonde. A pesar de las protestas de los padres de los 30 alumnos, y a pesar de las explicaciones que pidió la Valedora do Pobo, aún no respondidas por el Concello ni por la Consellería, el plan de cerrar un colegio rural para integrarlo en el de Begonte, parece asumido. La Consellería acepta ahora el cierre, a pesar de que hace menos de un mes, el conselleiro Román Rodríguez respondió en el Parlamento de Galicia que el cierre del colegio era una intención del alcalde pero que no había nada decidido. Y sobre todo, dijo que el coste de las obras de acondicionamiento del colegio de Baamonde para convertirlo en una escuela de música, no estaba previsto que fuese por cuenta de su consellería.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

As ANPAS sobre o peche do colexio de Baamonde: «A inconsciencia deste tipo de decisións, pensadas dende un punto de vista caciquil, son as que desmantelan o rural galego»