Valentín García será o primeiro pregoeiro virtual do Nadal en Begonte

La Voz LUGO

BEGONTE

Valentín García Gómez
Valentín García Gómez Luis Polo

O famoso Belén tamén será accesible só a través da web

08 dic 2020 . Actualizado a las 11:54 h.

Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, vai ser o primeiro pregoeiro virtual do Nadal en Begonte, que organiza o Centro Cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén Electrónico de Begonte desde o ano 1972.

Nesta edición XLIX do Nadal begontino, o Belén só se poderá ver de xeito virtual, a través da web www.belendebegonte.es, para o que a Fundacion Tic da Deputación de Lugo está preparando unha produción en tempo real para poder ser vista do mesmo xeito que se se asistise ao funcionamento do Belén na súa sede begontina. Tamén virtual vai ser o pregón do Nadal -o primeiro pregón virtual da historia do Belen e do Nadal begontino-, que se gravará no mesmo Belén o xoves 10, ás 13.00 horas, para logo ser difundido por Internet.

Agárdase poñer en marcha a actual edición de O Nadal de Begonte a mediados do presente mes.