Cancelado o Festival 27373 de Begonte

LA VOZ LUGO

BEGONTE

O Festival 27373 cancela a sua novena edición
O Festival 27373 cancela a sua novena edición ALBERTO LÓPEZ

O encontro cultural, que reune dende hai oito anos a grupos e artesáns galegos, celebraríase este agosto

30 jul 2020 . Actualizado a las 13:38 h.

A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte vén de anunciar a cancelación do Festival 27373, que celebraba este ano a súa novena edición. Dende a organización, admiten ter valorado «todas as posibilidades», pero debido á incertidumbre e ás recomendacións sanitarias, consideraron que «a decisión máis lóxica, sensata e dolorosa» era suspender a programación deste ano, que se celebraría a comezos de agosto.

No mesmo comunicado tamén agardan que «máis cedo que tarde» sexa posible retomar as actividades culturais, «como viñamos facendo ao longo destes anos». Os promotores do evento, que reunía cada ano a grupos, bandas e artesáns de toda Galicia, fan un chamamento «á cabeciña» para que «este pesadelo pase canto antes» e o sector da cultura poida volver a traballar con normalidade.