Músicos de Outeiro, Rábade e Begonte

f. a. LUGO / LA VOZ

BEGONTE

cedida

A banda infantil dos tres concellos actuou onte no Museo Gaiás de Santiago

29 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Banda de Música Sons e Soños (Outeiro- Rábade- Begonte), actuou onte no Museo Centro Gaiás de Santiago dentro dos actos da primeira xornada do Serán’02: II Encontro Galego de Cultura Popular que se está a celebrar esta fin de semana no Museo Centro Gaiás. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu ao concerto infantil desta banda formada por rapaces dos tres concellos e falou con músicos e o director. O conselleiro interesouse tanto pola formación musical e os instrumentos como polo modelo de colaboración destes tres concellos -dous gobernados polo PP e Rábade polos independentes- que manteñen unha orquestra infantil e unhas ensinanzas musicais que serían difíciles de ter nun so deses concellos.

O evento no que participaron, promovido pola Xunta para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, contará durante toda a fin de semana con concertos de bandas de música das catro provincias galegas, así como de diversas formacións infantís e xuvenís de toda Galicia

A programación completa de todo o fin de semana pode consultarse na páxina web www.cidadedacultura.gal.

Tres concellos que colaboran para ter unha boa orquestra