O Centrad impartirá obradoiros de xoiaría, coiro, cestería, madeira e encadernación

Os cursos terán lugar en novembro e decembro


Novembro e decembro • O Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Deputación de Lugo impartirá este mes e en decembro cinco obradoiros de xoiaría, cestería, madeira e encadernación, nos que poderán participar 36 persoas.

 

A deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou onte esta programación de outono:

· Xoiaría. Do 20 de novembro ao 1 de decembro, e dende o 11 ao 13 de decembro. 26 euros.

 

· Coiro. Do 20 ao 29 de novembro. 20 euros.

 

· Iniciación á cestería. Do 11 ao 15 de novembro. 12,50 euros.

 

· Madeira (moble). Do 22 ao 1, e dende 11 ata o 21 de decembro. 40,50 euros.

 

· Encadernación. Do 11 ao 15, e dende o 18 ao 21 de decembro. 13,50 euros.

 

 

Inscricións

Os interesados en participar poden realizar a inscrición no correo electrónico formación.centrad@deputaciondelugo.org ou no teléfono 982 210 066. Na páxina web da Deputación haberá un banner con toda a información destes cursos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O Centrad impartirá obradoiros de xoiaría, coiro, cestería, madeira e encadernación