Máis de 40 artesáns acudirán á Feira da Cantería de Parga o domingo

L.R. LUGO / LA VOZ

BEGONTE

A alcaldesa Polín e o presidente dos comuneiros, David Díaz, onte na presentación da feira.
A alcaldesa Polín e o presidente dos comuneiros, David Díaz, onte na presentación da feira. SUSO PENA< / span>

Haberá demostracións en vivo de madeira, ferro, cestería e olería

15 jul 2015 . Actualizado a las 10:37 h.

Máis de corenta artesáns acudirán a Guitiriz este domingo, 19 de xullo, para participar na vixésimo primeira Feira da Cantería, os Callos e a Artesanía de Parga. O programa foi presentado na Casa do Concello pola alcaldesa, Regina Polín; os concelleiros de Medio Rural, Daniel Díaz, e Deportes, Pedro Pérez; e o presidente da Comunidade de montes veciñais en mancomún de Santo Estevo de Parga, David Díaz Losada. A apertura da feira está prevista para as dez da mañá, e entre as novidades desta edición destaca unha exposición de motos antigas e varias demostracións en vivo de artesáns da madeira, o ferro, a cestería e a olería, como destacou a técnico de Turismo, Olga Vázquez. De novo, o obxectivo será exaltar a cantería da zona e a gastronomía da man dun dos seus mellores expoñentes: os callos. O encargado de ler o pregón (12.30 horas) será o ceramista de O Corgo Manuel Fernández, Lolo.

Pola tarde, logo do xantar e desde as 18.30 horas, haberá un espectáculo ecuestre a cargo de Pazo de Meire no prado do muíño. Amenizarán a xornada os pasarrúas de Sons de Aldea e os Trileiros, e a orquestra Noche de Gala amenizará o fin de festa na carballeira de Parga.