A Feira do 12 de Becerreá, un evento de produtos locais no que menos importa é a data
BECERREÁ
A asociación Rente ao Couce, que recuperou a tradicional xornada, organiza unha nova edición para o sábado 20 de decembro
18 nov 2025 . Actualizado a las 23:47 h.Este ano celébrase de novo en Becerreá a Feira do 12. Unha feira recuperada pola asociación Rente ao Couce, que quixo volver a aquelas xornadas festivas que se organizaban na localidade o día 12 de cada mes. No obstante, a situación actual obrigounos a perfilar un pouco o evento ata chegar a conclusión de que o que menos importa é a data e o lugar de celebración da feira, aínda que a orixe sea a Feira do 12. O que importa neste intre é xuntar a productores locais, enxalzar os alimentos da zona, e gozar dunha xornada pasada por música.
Este ano están aínda ultimando os últimos detalles, pero aseguran que manterá a liña continuista das edicións anteriores e que será o sábado 20 de decembro. Haberá, coma sempre, variedade de postos, música e pulpería.
Polo momento dende a organización non adiantan para quen será este ano o Foucín de Honra, un galardón que entregan en cada edición a unha persoa recoñecida na comarca pola súa traxectoria laboral ou persoal. O pasado ano, por exemplo, foi para Xosé Espín, un dos veciños máis popular de As Nogais e da comarca de Os Ancares.