A Xunta arranxará nove quilómetros da desastrosa estrada de Becerreá a Sarria

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

BECERREÁ

A estrada LU-636 ten mal firme, é pouco ancha e carece de sinalizacións
A estrada LU-636 ten mal firme, é pouco ancha e carece de sinalizacións CARLOS CASTRO

Licita por 711.415 euros as obras de mellora e sinalización, que durarán seis meses

24 mar 2021 . Actualizado a las 18:32 h.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou as obras de reforzo do firme ao longo de nove quilómetros da estrada LU-636 ao seu paso polo concello de Becerreá, ás que destina un orzamento de 711.415 euros. 

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explicou que está previsto actuar desde o punto quilométrico 22 ata o 31,140, situado á entrada do núcleo de Becerreá. O prazo de execución estimado dos traballos é de seis meses. 

Arias, acompañado por persoal técnico da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), presentou este mércores o proxecto de acondicionamento deste treito da LU-636, unha vía que conecta Becerreá con Sarria e discorre tamén polos termos municipais de Baralla e Láncara

Segundo destacou, a intervención inclúe a reparación das partes deterioradas e a reposición do firme en toda a calzada con tratamento asfáltico e rego de selado. Nos últimos catro quilómetros ata acceder á localidade becerrense aplicarase mestura bituminosa en quente en todo o ancho do carril. 

Así mesmo, nos tramos en curva instalaranse barreiras e cunetas de seguridade polas marxes interiores. Posteriormente, renovarase a sinalización horizontal en todas as zonas de actuación.

Presentación do proxecto da Xunta co alcalde de Becerreá, Manuel Martínez
Presentación do proxecto da Xunta co alcalde de Becerreá, Manuel Martínez

Desde hai anos conductores e veciños de Becerreá, co seu alcalde á fronte, demandaron a mellora desta estrada que une a vila con Sarria. Hoxe mesmo estivo na presentación deste arranxo o rexedor, o ex do PSOE Manuel Martínez. O actual firme ten numerosos baches, non hai elementos de seguridade, están sen pintar e as curvas son peligrosas. Esta vía é necesaria para os veciños da comarca de Sarria que queren conectarse cos municipios dos Ancares e coa A-6 para ir cara a Meseta ou A Coruña.

Presentación do proxecto da Xunta co alcalde de Becerreá, Manuel Martínez
Presentación do proxecto da Xunta co alcalde de Becerreá, Manuel Martínez

Por otra parte, o delegado sinalou que esta intervención está incluída nun proxecto de reforzo do firme en tres estradas autonómicas que tamén contempla melloras na LU-546, de Nadela a Monforte, e na LU-741, na Pontenova. Todas estas obras saen hoxe a licitación por un importe total próximo a 1,7 millóns de euros. As empresas interesadas en presentar ofertas poden facelo ata o 19 de abril.

«Y para patinar, la carretera Sarria- Becerreá»

Tania Taboada

Circular por la carretera LU-636 a la altura del municipio de Becerreá y someterse al peligro es toda una. Dicha vía, que comunica Sarria con la localidad becerrense y que es el enlace de conexión entre la comarca sarriana con la A-6, se ha convertido entre los puntos kilométricos 18 y 30 en un auténtico riesgo para los conductores y viandantes.

El pavimento está desgastado y con baches, predominan las curvas cerradas, no dispone de cunetas hormigonadas y no existen biondas de seguridad. Este cúmulo de deficiencias, y más en días en las que las condiciones metrológicas son adversas, son la causa de que muchos vehículos se salgan de la vía y posteriormente se precipiten al vacío por un terraplén de unos 40 metros. Generalmente, son los árboles los que frenan al vehículo en el momento del despeñamiento.

Seguir leyendo