A Deputación destinou 1,7 millóns para os veciños de Becerreá

La Voz

BECERREÁ

O municipio xa ten en marcha a residencia de maiores da vila

25 dic 2017 . Actualizado a las 11:24 h.

Os 2.900 habitantes de Becerreá beneficiáronse de máis de 1,7 millóns de euros nos últimos 18 meses de investimento do Goberno da Deputación. Concretamente xa está en marcha as obras para a construcción da Residencia, coa demolición da antiga escolar. Ademais en vindeiras datas os veciños da contorna poderán desfrutar das novas instalacións do campo de tiro profesional, nas inmediacións do núcleo de Lamas, que contou cun investimento da Deputación de 170.000 euros.

Emprego. No que se refire ao fomento do emprego o executivo provincial  realizou un investimento de máis de 170.000 euros que contribuíron a contratar a 10 desempregados lucenses, e que permitiu contratar a un tractorista ou a un enxeñeiro industrial, entre outros.

Servizos sociais. O executivo provincial achega aos veciños de Becerreá máis de 43.000 euros para atender aos preto 40 maiores que a Xunta non atende.

Investimentos. O Goberno da Deputación achegou máis de 50.000 euros para melloras de camiños en Arroxo, Ouselle e Saa, entre outros; e máis de 21.000 euros para melloras de eficiencia enerxética na Avenida Navia e a Rúa Eulogio Rosón.

Infraestruturas. Con cargo a este orzamento que ascende a 1 millón de euros executarase os 6 quilómetros da estrada de Armesto, por Tores a As Nogais, concretamente a LU-P-0707, un infraestrutura moi demandada polos veciños da Montaña Lucense que transcorren por este vial.

Ademais tamén se  investirán 216.000 euros nas rúas da vila como a San Cristobal, e na mellora e eficiencia enerxética nas rúas Ancares, Penas, Valgamaus, entre outras; e mellorarse o paseo pernil da Avenida de Madrid, e os camiños municipais que une Ponte Cabana con Balaxuz a Fraian pasando por Barbeitas, así como a adquisición dunha mini escavadora.

Turismo. Unha das grandes citas turísticas do Concello de Becerreá é a festa do Mexillón que este ano xa celebrou a súa décima edición e que conta cunha achega económica do executivo provincial de 3.000 euros.