Becerreá ofrece as escolas rurais para acoller refuxiados

lugo / la voz

BECERREÁ

Este é o primeiro concello da provincia que adoptou unha iniciativa para acoller persoas que fuxen da guerra que afecta a Siria

11 sep 2015 . Actualizado a las 22:12 h.

O Concello de Becerreá é o primeiro da provincia que adoptou unha iniciativa para acoller persoas que fuxen da guerra que afecta a Siria. Miles de persoas lograron entrar en Europa en busca de axuda que, polo de agora, van recibindo moi a contagotas. O alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, xa ofreceu varias escolas do termo municipal.

Martínez enviou unha comunicación ao ministro de Asuntos Exteriores y Cooperación, José Manuel García-Margallo para explicarlle que pon a disposición de seu departamento «para acoger a los refugiados que fuera menester» os edificios de las escuelas rurales de Todón-Lagua, Pradeira, Ouselle, Vilardefrades, Eixibrón, Armesto, Vilouta y Quinta de Canceldada.

Todas estas escolas están arranxadas e preparadas para ser utilizadas «cuando ese Ministerio considere oportuno». «Estamos dispuestos a colaborar y ayudar, dentro de nuestras posibilidades, en todo lo necesario para hacer que estas personas, que huyen de sus países, alcance una vida más digna», di o alcalde de Becerreá na carta que mandou con data do pasado sábado.

Moitas das escolas que o rexedor becerrense ofrece ao Ministerio de Asuntos Exteriores non teñen actualmente un uso diario xa que logo foron pechadas a actividade lectiva. Algunhas delas foron empregadas para campamentos de verán nos que interviron nenos do termo municipal.

Aínda que o problema dos refuxiados está a ser moi grave, son poucos os concellos e institucións da provincia de Lugo que mostraron interese en darlles acollida. O da capital da provincia xa dixo que estaría disposto a colaborar.

Na lista de posibles axudas bótanse en falta moitas institucións e colectivos que, polo de agora, permanecen sen pronunciarse. Na provincia hai ducias de casas reitorais que tamén poderían ser utilizadas, sen embargo non hai constancia de que a igrexa se pronunciara. Organizacións benéficas permanecen tamén a marxe, polo de agora.

O alcalde de Becerreá considera que o problema humanitario é de tal magnitude que non é posible quedar de brazos cruzados. «É precisa a colaboración absolutamente de todos», manifestou onte.

En total son 8 os centros escolares que podían ser utilizados para as acollidas