Os Bolechas ensinan a usar o 112 a escolares da montaña lucense

La Voz LUGO

BARALLA

Os Bolechas visitaron el CPI Luis Díaz Moreno de Baralla
Os Bolechas visitaron el CPI Luis Díaz Moreno de Baralla

Os divertidos personaxes percorren estes días os colexios da provincia

06 oct 2020 . Actualizado a las 13:59 h.

Escolares de Baralla, Becerreá, Quiroga, Ribas de Sil, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel recibiron xa a visita dos divertidos irmáns Bolechas, que levaron ás aulas unha nova proposta do programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias sobre o uso responsable do número único europeo 112. Con teatro, material audiovisual e obradoiros, os personaxes infantís explicaron aos cativos cando se debe chamar ao 112 e os datos que hai que facilitar aos xestores de emerxencias.

Esta proposta enmárcase nun amplo programa didáctico destinado á poboación infantil, que inclúe a publicación dun libro e unha web específica, https://osbolechas.gal/112, con máis información, consellos, xogos e actividades para os máis pequenos.