Uxío Cerecedo: «A este goberno fáltanlle ideas e un proxecto que ilusione»

A. F. C. CARIÑO / LA VOZ

BARALLA

CEDIDA

O candidato do BNG á alcaldía di que algúns dos logros do actual mandato xa viñan encarrilados do anterior mandato

16 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Uxío Cerecedo (Baralla, 1970), profesor de Informática no IES Cabo Ortegal, aspira por primeira vez á alcaldía. Nos tres anos que leva na corporación (substituíu a Inés Martínez) percibiu «falta de ideas e dun proxecto que ilusione, con concello que non escoita aos veciños». Sinala que algúns dos logros xa viñan encarrilados do anterior mandato, do BNG, «coma o PAI ou as depuradoras [...] ou a redución da débeda»; e lamenta que non mantiveran as asembleas parroquiais.

A actitude do BNG «foi construtiva» e agora propón «orzamentos participativos, un consello local da mocidade, abrir dunha vez o centro de día e a residencia, formación para atallar o paro feminino ou sendas peonís e para bicis entre os núcleos».