O Martes de Entroido será festivo en 47 dos 67 concellos

Listado de todos os festivos locais nos concellos da provincia no 2018


lugo / la voz

O calendario laboral do 2018 terá 15 festivos, dos que dous serán de ámbito municipal. Dos 67 concellos lucenses, 47 decidiron escoller o Martes de Entroido (13 de febreiro) como un deles, deixando como segunda xornada de festa algunha celebración santoral ou patronal. Os concellos que decidiron outro festivo diferentes ao de Entroido ou ben é porque teñen divididas as súas festas patronais ou porque optan por unir esa data con outro festivo para facer unha ponte. Logo danse situacións como as de Baralla ou Vilalba, na que os dous festivos locais son consecutivos con motivo das festas patronais.

O resto de festivos son: 1 e 6 de xaneiro, 29 e 30 de marzo, 1 e 17 de maio, 25 de xullo, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro e 6, 8 e 25 de decembro. Aínda que o Martes de Entroido non sexa festivo, non será lectivo nos centros.

Listado dos festivos locais na provincia no 2018

Abadín 13/02/2018 Martes de Entroido 27/09/2018 San Cosme da Montaña

Alfoz 13/02/2018 Martes de Entroido 06/08/2018 Festa dos Chóferes

Antas de Ulla 13/02/2018 Martes de Entroido 19/03/2018 San Xosé

Baleira 13/02/2018 Martes de Entroido 13/08/2018 San Cristóbal

Baralla 27/08/2018 Festas de San Vitorio 28/08/2018 Festas de San Vitorio

Barreiros 24/08/2018 San Bartolo 27/09/2018 San Cosme

Becerreá 02/02/2018 Festividade das Candelas 14/09/2018 Santo Ecce Homo

Begonte 13/02/2018 Martes de Entroido 29/06/2018 San Pedro e San Pablo

Bóveda 01/09/2018 Festividade de San Xil 15/09/2018 Divino Ecce-Homo

Burela 13/02/2018 Martes de Entroido 04/06/2018 Luns das festas patronais

Carballedo 24/07/2018 Festivo local 14/08/2018 Festivo local

Castro de Rei 13/02/2018 Martes de Entroido 06/08/2017 Festa na honra de «San Roque» e «Dulce Nombre de María» en Castro de Ribeiras de Lea

Castroverde 13/02/2018 Martes de Entroido 26/07/2018 Santiago Apóstolo

Cervantes 13/02/2018 Martes de Entroido 13/06/2018 Festividade de San Antonio

Cervo 16/07/2018 Nosa Señora do Carme 16/08/2018 San Roque

Chantada 28/08/2018 Festa da empanada 18/10/2018 San Lucas

Corgo (O) 13/02/2018 Martes de Entroido 05/10/2018 San Froilán

Cospeito 13/02/2018 Martes de Entroido 08/09/2018 Nosa Señora «Virxe do Monte»

Folgoso do Courel 18/05/2018 Día seguinte ao día das Letras Galegas 07/12/2018 Día seguinte ao día da Constitución

Fonsagrada (A) 13/02/2018 Martes de Entroido 10/09/2017 Festas patronais

Foz 16/07/2018 Virxe do Carme 10/08/2018 San Lourenzo

Friol 13/02/2018 Martes de Entroido 09/07/2018 Luns de Santa Isabel

Guitiriz 13/02/2018 Martes de Entroido 25/06/2018 Día seguinte a San Xoán

Guntín de Pallares 13/02/2018 Martes de Entroido 02/07/2018 Luns das festas

Incio (O) 07/05/2017 Santa Cruz 15/05/2018 Santo Eufrasio

Láncara 13/02/2018 Martes de Entroido 20/08/2018 Luns de San Roque

Lourenzá 13/02/2018 Martes de Entroido 27/08/2018 Luns do Conde Santo

Lugo 13/02/2018 Martes de Entroido 05/10/2018 San Froilán

Meira 13/02/2018 Martes de Entroido 16/08/2018 San Roque

Mondoñedo 10/09/2018 Os Remedios 18/10/2018 As San Lucas

Monforte de Lemos 03/04/2018 Martes de Pascua 13/06/2018 San Antón

Monterroso 13/02/2018 Martes de Entroido 10/07/2018 San Cristovo

Muras 13/02/2018 Martes de Entroido 02/07/2018 San Pedro de Muras

Navia de Suarna 13/02/2018 Martes de Entroido 17/09/2018 Virxe das Dores

Negueira de Muñiz 13/02/2018 Martes de Entroido 16/08/2018 Festas patronais

Nogais (As) 13/02/2018 Martes de Entroido 03/08/2018 Festa do emigrante

Ourol 27/08/2018 Luns de Naseiro 02/11/2018 Todos os Fieis Difuntos

Outeiro de Rei 13/02/2018 Martes de Entroido 09/07/2018 Luns de Santa Isabel

Palas de Rei 13/02/2018 Martes de Entroido 14/09/2018 Ecce Homo

Pantón 13/02/2018 Martes de Entroido 20/08/2018 Luns da festa local

Paradela 13/02/2018 Martes de Entroido 15/05/2018 San Isidro

Páramo (O) 13/02/2018 Martes de Entroido 08/06/2017 Feiras de Primavera

Pastoriza (A) 13/02/2018 Martes de Entroido 18/10/2018 San Lucas

Pedrafita do Cebreiro 13/02/2018 Martes de Entroido 10/09/2018 Santa María a Real do Cebreiro

Pobra de Brollón (A) 04/06/2018 Luns seguinte ao Corpus 27/08/2018 San Vitorio

Pol 13/02/2018 Martes de Entroido 24/08/2018 Festa do emigrante

Pontenova (A) 13/02/2018 Martes de Entroido 15/10/2018 Luns das Feiras

Portomarín 13/02/2018 Festa de Carnaval 03/09/2018 Santo Cristo das Victorias

Quiroga 02/04/2018 Festivo local 18/05/2018 Festivo local

Rábade 13/02/2018 Martes de Entroido 14/08/2018 Nosa Señora da Asunción

Ribadeo 16/08/2018 San Roque, co-patrón de Ribadeo 08/09/2018 Santa María do Campo, patrona de Ribadeo

Ribas de Sil 16/08/2018 Festas Patronais 30/10/2018 San Clodio

Ribeira de Piquín 13/02/2018 Martes de Entroido 23/04/2018 San Xurxo

Riotorto 13/02/2018 Martes de Entroido 29/06/2018 San Pedro

Samos 13/02/2018 Martes de Entroido 09/07/2018 Luns de San Benito

Sarria 13/02/2018 Martes de Entroido 08/09/2018 Virxe dos Remedios

Saviñao (O) 13/02/2018 Martes de Entroido 07/08/2018 Patronais de Escairón

Sober 07/09/2018 Romería da Virxe de Cadeiras 17/09/2018 Virxe do Carme de Sober

Taboada 13/02/2018 Martes de Entroido 13/08/2018 Festas patronais

Trabada 25/04/2018 San Marcos 16/08/2018 San Roque

Triacastela 13/02/2018 Martes de Entroido 17/08/2018 San Mamede

Valadouro (O) 13/02/2018 Martes de Entroido 10/09/2018 Festivo local

Vicedo (O) 13/02/2018 Martes de Entroido 06/08/2018 Santo Estevo

Vilalba 31/08/2018 San Ramón, día do Patrón de Vilalba 01/09/2018 Santa María, día da Patrona de Vilalba

Viveiro 13/02/2018 Martes de Entroido 16/08/2018 San Roque

Xermade 13/02/2018 Martes de Entroido 06/08/2018 Luns de Santa María

Xove 13/02/2018 Martes de Entroido 20/08/2018 Festa patronal

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

O Martes de Entroido será festivo en 47 dos 67 concellos