A Feira do Mel de Baleira remata cun concurso de tapas

BALEIRA

OSCAR CELA

Este domingo haberá postos de venda, obradoiros e exposicións

10 nov 2018 . Actualizado a las 20:06 h.

Domingo 11 • A partir das 10.00 horas • Baleira • 

A segunda edición da Feira do Mel de Baleira remata o domingo 11 con postos de venda, obradoiros, exposicións e un concurso de tapas. A cita, organizada pola asociación Montes e Vales Orientais e polo Concello de Baleira, pretende poñer en valor un produto tradicional da zona e ser un punto de encontro para produtores de mel e outros artigos derivados da apicultura.

· 11.00-13.00h. Obradoiros na carpa da exposición: «Loita contra a velutina» (todos) e «Exposición didáctica e elaboracións con cera» (infantil)

· 12.30h. Presentación de pratos ao concurso «Sabe coma o mel»

· 13.30h. Visita das autoridades

· 14.00h. Entrega de premios dos concursos de debuxo «Pintameles II» e de pratos «Sabe coma o mel»