A Asociación Cultural Abrente de As Nogais celebra o seu festival

María Guntín
M. Guntín LUGO / LA VOZ

AS NOGAIS

Foto de archivo da Asociación Cultural Abrente
Foto de archivo da Asociación Cultural Abrente Cedida

A entidade organiza tamén unha recollida en favor do Banco de Alimentos de Lugo

31 dic 2020 . Actualizado a las 18:44 h.

Como é tradicional por estas datas, a Asociación Cultural Abrente de As Nogais celebra o seu festival de Nadal, pero esta vez e con motivo da pandemia de coronavirus, faino en formato online. Ademais, a entidade organiza unha campaña de recollida de alimentos pola cal se puxo en contacto con varios locais da localidade, que se encargan tamén de dispensar as doazóns ata que sexan trasladadas ao Banco de Alimentos de Lugo. A recollida xa leva operativa uns 15 días e as persoas interesadas poden deixar os seus paquetes en tendas e locais de hostalaría de As Nogais. O día cinco de xaneiro farán a entrega.

Ademais, o último día do ano, Abrente subiu o festival ás súas redes sociais, e este ano leva por nome Memorial Nacho Ruíz Valcarce e celebra, á súa vez, a súa quinta edición.