Alfredo Guiu repite como candidato do PSOE por As Nogais

«Imos presentar un proxecto realista, sumamente social e de progreso»


O PSOE das Nogais celebrou unha asemblea extraordinaria de militantes para escoller ao candidato socialista ás vindeiras eleccións municipais. Foi elixida a única candidatura presentada na reunión, a de Alfredo Guiu Valle, o actual voceiro do Partido Socialista no Concello. Este veciño de As Nogais e Secretario de Coordinación da Comarca da Montaña, encabezará por segunda vez a lista do partido neste municipio.

Alfredo Guiu destacou que «imos presentar un proxecto realista, sumamente social e de progreso, tendo en conta as características da Montaña e as necesidades dos nosos veciños e veciñas. Queremos para As Nogais mellores prestacións e servizos básicos para poder vivir con dignidade no rural, queremos un mellor transporte público, que os nosos camiños e accesos ás casas estean acondicionados, renovar as traídas de auga, xerar novos empregos e impulsar a economía da nosa vila a través do turismo, a cultura e o deporte».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Alfredo Guiu repite como candidato do PSOE por As Nogais