O Concello de Antas de Ulla instala 10 contedores de aceite de cociña usado

la voz LUGO

ANTAS DE ULLA

Os contenedores de aceite usado instaláronse en varias parroquias
Os contenedores de aceite usado instaláronse en varias parroquias CEDIDA

Ubicáronse en praza da vila e en varias parroquias

08 mar 2021 . Actualizado a las 12:34 h.

O programa Sementa Vida do Concello de Antas de Ulla vén de poñer en marcha un proxecto de recollida e xestión dos aceites de cociña usados enmarcado dentro das axudas concedidas polo PEMAR na convocatoria do ano 2019 e por un importe de 3.285,15 euros.

A través do mesmo, o Concello instalou 10 contedores de aceite doméstico usado en diferentes puntos do municipio para que os veciños e veciñas depositen alí o aceite ao final do seu ciclo de vida. Ademais, o goberno local tamén estableceu dous puntos informativos, un na Casa do Concello e outro na Casa da Cultura, onde poderán atopar carteis coas localizacións dos contedores instalados, material informativo sobre a correcta xestión dos aceites de cociña que usen nas súas casas, así como embudes adaptados ás boquillas de botellas de auga para que poidan depositar alí o aceite sen que se produzan verteduras.

Así, recoméndaselles aos veciños e veciñas que, para desfacerse do aceite, esperen a que estea frío e o depositen nun envase de plástico con tapa. Cando o envase estea cheo hai que pechalo ben para evitar verteduras e depositalos nos contedores instalados nos diferentes puntos habilitados polo Concello de Antas de Ulla.

Os contenedores de aceite usado instaláronse en varias parroquias
Os contenedores de aceite usado instaláronse en varias parroquias

O programa tamén se achegou ao colexio coa entrega de diverso material informativo e a entrega aos nenos e nenas dun xabón artesanal feito con aceite e un embude para concencialos sobre a importancia de reciclar.

Os contenedores instaláronse na vila (Praza Nova, Praza da Irmandade e avenida de Pontevedra), na parroquia Casa de Naia, en Santa Mariña do Castro de Amarante, en Santo Estevo do Castro de Amarante, en Santiago de Dorra, en San Miguel de Cervela, en Santiago de Amoexa e en San Fiz de Amarante.