Alternativa Veciñal de Antas de Ulla reclama marquesiñas e sinalización nas paradas de autobús

María Guntín
M. Guntín ANTAS / LA VOZ

ANTAS DE ULLA

CEDIDA

«A ausencia de mobiliario urbano obriga aos veciños a esperar o autobús sen abrigo para protexerse das inclemencias meteorolóxicas», sinalan

14 feb 2020 . Actualizado a las 20:27 h.

Alternativa Veciñal de Antas de Ulla presentou este venres unha moción relativa á instalación de marquesiñas e sinalización das paradas de transporte solicitando que se garanta que todos os escolares conten con puntos de recollida a unha distancia razoable.

«A ausencia de mobiliario urbano obriga aos veciños a esperar o autobús sen abrigo para protexerse das inclemencias meteorolóxicas», sinalan dende AVA. Tamén consideran que o problema se agrava durante os meses de curso escolar cando os estudantes teñen que agardar a primeira hora da mañá sen resgardo.