Concertos e lecer para todos no Festival da Chaira

Cita cultural e festeira na Pastoriza o sábado 20


Sábado 20 • A partir das 11.00 horas • Área recreativa da praia fluvial da Riboira. Baltar. A Pastoriza • De balde • Hai un amplo espazo de acceso libre para acampar baixo a sombra dos carballos • 

O Festival da Chaira volverá converter Baltar, un ano máis -e xa van catorce-, nun espazo de encontro lúdico e festeiro arredor da cultura e da tradición galegas. Da organización desta cita, con actividades para todos os públicos, encárgase a Asociación Cultural A Chaínza. O programa de actos para o sábado 20 é o seguinte:

· 11.00h. Ruta A Espiga

· 13.30h. Sesión vermú co Grupo Tradicional da Pastoriza

· 14.30h. Caivanca

· 17.00h. X Aberto de Billarda e outros xogos tradicionais

· 18.30h. Duende Circo (espectáculo infantil)

· 19.30h. Obradoiro de baile tradicional

· 20.30h. A.C. A Fonte de Merlán

· A partir das 23.00 horas: Concertos de Voladura, Maskarpone, O Puto Coro do Exército Froilanista, The Lelli Kelly’s e DJ Sapoconcho SemPoncho e Brigada Sound

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Concertos e lecer para todos no Festival da Chaira