Unha explotación de A Pastoriza estuda a dieta e o leite das vacas

O programa lévase a cabo na gandaría Patalarga


lugo / la voz

Unha explotación de A Pastoriza leva a cabo un programa para valorar o leite producido en explotacións ecolóxicas e en convencionais. O proxecto comezou no ano 2016 e afonda na relación entre a dieta dos animais e a calidade do leite, así como no sustentable que resultan as explotacións, tanto en relación co medio ambiente coma na economía. O obxectivo final é concluír modelos de manexo do gando.

O programa lévano a cabo na gandaría Patalarga de A Pastoriza, onde traballan varios laboratorios e centros de investigación que contan cunha axuda de 108.500 euros que se atopan dentro das axudas de Medio Rural.

As subvencións supoñen un investimento de case seis millóns de euros en Galicia destinados a programas de produción e sostemento agrícola e forestal co fin de mellorar a competencia das empresas agrarias. As axudas, financiadas tamén polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, permitirán desenvolver ata 61 proxectos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Unha explotación de A Pastoriza estuda a dieta e o leite das vacas