Xantar de campo, sorteo de agasallos e música a fartar no Festival da Chaira

tania taboada LUGO / LA VOZ

A PASTORIZA

O vindeiro sábado celebrarse na praia de Baltar de A Pastoriza a once edición

28 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro sábado, festa rachada en A Pastoriza. A praia fluvial de A Riboira, na parroquia de Baltar, prepárase para celebrar a súa undécima edición do Festival da Chaira. Unha romaría que conta con tan so oito mil euros de orzamento pero que sae adiante igualmente pola moita ilusión que lle poñen os organizadores. Tanto é así que xa estiman que o número de asistentes ascenda a mil persoas.

A festa está organizada pola Asociación Cultural A Chainza, un grupo integrado por 25 persoas, con idades comprendidas entre os 18 e 40 anos, e de distintas localidades, entre as que se atopan, Lugo, Castro de Rei e A Pastoriza. «Os cartos proceden de algunha pequena axuda, do bar da festa e tamén da venda de camisetas. Este ano vendemos 350 a dez euros cada unha», explicou David Saavedra, membro da Asociación e un dos principais organizadores do evento.

Para ir facendo ambiente de festa terá lugar unha sesión vermú a cargo de Toñyto García. Pola tarde, celebrarase unha nova edición do aberto de xabarín de Billarda. Trátase dun deporte moi tradicional na zona que consiste en lanzar un pau pequeno sin tocalo coas mans, zoupándolle só con outra vara. Contra a noite e como colofón final, varios grupos poñerán ritmo e son. Trátase de Los jinetes del trópico, Tardepiache, Liviao de Marrao e Superoito. Pero para que ninguén se quede con ganas de festa, tamén está contratado Nemetrón DJ.

Segundo explica David Saavedra, o obxectivo da festa é ofrecer á xente da zona, e a aqueles que se queiran achegar, un día diferente. «Os asistentes chegan a mediodía e teñen música alternativa; ademais hai unha carballeira e unha praia fluvial».

Para este ano, a Asociación tamén sorteará unhas carteiras de coiro entre tódolos asistentes. «Repartiremos rifas gratuitamente para participar no sorteo das carteiras que levan os nosos escudos».