Alimento para os voitres entre A Pastoriza e Mondoñedo

Inmaculada Eiroá González
Inma Eiroá VIVEIRO / LA VOZ

A PASTORIZA

CEDIDA

Un experto di que veñen de lonxe e que son raros os ataques a outros animais

25 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Segundo os expertos, en Mondoñedo houbo unha colonia de voitres fai moitísimos anos, alá polo século XIX, que se extinguiu. Os que se ven nos últimos anos na zona de Campo do Oso, xa preto da Pastoriza, veñen de fóra, dende as colonias da cordilleira Cantábrica, de Castela-León e mesmo de Estremadura e outras áreas da península Ibérica.  Aquí non cría,  afirman.

  O presidente da Sociedade Galega de Ornitoloxía, Óscar Rivas, explica que a razón pola que veñen ata a zona débese a que nestes montes hai gando solto e iso proporciónalles bastante alimento. Di que o feito de que despois do mal das vacas local se obrigara a retirar dos campos os cadáveres das reses mortas (vacas, ovellas e cabras» non impide que haxa comida, porque os cabalos, non se retiran, afirma, sinalando que, ademais, a retirada afectaralle ó gando que está accesible, pero o que non o está seguramente que queda no monte e serve de alimento a estas aves carroñeiras.

 Con isto sae ao paso das queixas expresadas por algún gandeiro de Santa María Maior, que asegura que os voitres mesmo están atacando a reses que están sans, sobre todo poldros e becerros.

«Non creo que os danos causados polos voitres sexan moitos. Si que é certo que en algunhas circunstancias, cando as vacas están parindo e teñen a placenta de fóra, poden ir picalas e causarlles feridas que mesmo lles poidan causar a morte, pero non é típico, porque non son  depredadores. Estráñame que ataquen moito. Que vaian sobre un animal moribundo, enfermo ou prostrado, pode ser, pero sobre un animal sán...Non creo», asegura.

Recoñece, iso si, que a súa presenza, cando se ubican preto de explotacións, á espera de conseguir alimento, ou si o ven sobre algún animal, pode crear xerar alarma.Os que se achegan á  zona do Xistral, añade, son os voitres leonados, o comúns. A especie pasou de estar ameazada nos 70 a estar logo en crecemento  e reproducíndose en todas as comunidades, excepto en Galicia.