Este setembro os ciclistas poderán gozar dunha nova edición da Ruta dos Lobos en A Fonsagrada, da man da Concellería de Deportes
20 jul 2026 . Actualizado a las 18:00 h.Onte abriron as inscricións para a vindeira edición da Ruta dos Lobos en A Fonsagrada. Unha actividade deportiva para bicicletas, concretamente unha ruta ciclo turista polos montes de A Fonsagrada que acontece anualmente.
Vai pola duodécima edición, e este ano terá lugar o 19 de setembro ás 11.00 horas na Rúa Alameda 1. É un evento organizado polo Concello de A Fonsagrada, desde a Concellería de Deportes.
Este evento foi impulsado hai 12 anos coa intención de impulsar a zona natural de A Fonsagrada de maneira diferente, mostrando unha parte da flora e fauna. O nome da ruta débese á gran cantidade de lobos que se podían avistar polos montes hai unha década. Na primeira edición contábase con 100 prazas, e tiveron que aumentar a 150 ante a gran demanda de participación. Cada ano aumentouse un pouco ata as 300 prazas de hoxe en día, sendo unha proba non competitiva sen premio ou gañadores.
A recollida de dorsais será o día anterior (18 de setembro) de 19.00 a 21.00 horas na Praza do Concello.
Existen dúas opcións de ruta, unha máis longa con 54 quilómetros, e a curta con 40. Ambas versións estarán marcadas e indicadas adecuadamente para non desviarse, incluíndo voluntarios nos puntos complexos da ruta, ademais de contar con axudantes para os últimos participantes, procurando que se cumpran os tempos de corte, xa que a actividade será ata as 18.30 horas para ambas distancias.
Os participantes están obrigados a levar certos materiais para a proba: un sistema de hidratación con capacidade mínima de 1 litro; un teléfono móbil con batería, no que tamén se colocará o número do dorsal; un casco; gafas e a propia bicicleta.
Hai tres opcións para a inscrición: Ruta e cea por 42 euros; ruta sen cea 25 euros; e a cea sen ruta por 25 euros. Hai un máximo de 300 prazas, cun límite de inscrición ata o 31 de agosto ás 23.59 horas. Os interesados poderanse inscribir na web do evento: https://ccnorte.com/evento/detalle/id/3356.