Foliada na Fonsagrada: tres días de festa rachada con olladas ao pasado

MANUEL FERNÁNDEZ A FONSAGRADA / LA VOZ

A FONSAGRADA

Un amplo programa de actos anima a novos e a maiores a sumarse ao baile e permite repasar a historia musical da montaña

14 dic 2023 . Actualizado a las 21:57 h.

A Fonsagrada está a pasar tres días con ritmo. Pódese mesmo dicir que estes, dende este xoves ata este sábado, foron días nos que se moveu cun ritmo propio, pois a foliada non é unha actividade exclusiva da montaña pero ten as súas particularidades na zona. Por unha banda, o amplo programa de actos desenvolvido dende o xoves —este sábado aínda continúa a troula— permitiu lembrar o traballo de hai décadas: por exemplo, tivo lugar, na Casa do Concello, unha homenaxe a antigas bailadoras fonsagradinas, e presentouse, no Museo Etnográfico, o libro «Herminio Villaverde, a trompa na FonsagradaA Fonsagrada vén de pasar tres días con ritmo. Pódese mesmo dicir que foron días nos que se moveu cun ritmo propio, pois a foliada non é unha actividade exclusiva da montaña pero ten as súas particularidades na zona. Por unha banda, o amplo programa de actos desenvolvido dende o xoves —onte pola noite aínda continuaba a troula— permtiu lembrar o traballo de hai décadas : por exemplo, tivo lugar, na Casa do Concello, unha homenaxe a antigas bailadoras fonsagradinas, e presentouse, no Museo Etnográfico, o libro Herminio Villaverde, a trompa na Fonsagrada».

Por outra, houbo ocasión para cantar e baiar, algo do que tiraron proveito nenos e maiores. Este sábado pola tarde, na carpa instalada para os concertos, desenvolveuse un obradoiro de iniciación ao baile foliadeiro, e o xoves, xusto despois de comezar os actos, tivo lugar un de iniciación á percusión asturiana. Non faltou ocasión de cantar mollando a gorxa, como se amosou nos cantos de taberna que houbo en bares da vila. Para a noite deste sábado queda o derradeiro concerto, no que está prevista a presenza de Irmaus da raia seca, Tiruleque e Mondra. Así han pecharse tres días nos que a música deixou de novo unha forte pegada na capital da montaña.

.Por outra, houbo ocasión para cantar e baiar, algo do que tiraron proveito nenos e maiores. Este sábado pola tarde, na carpa instalada para os concertos, desenvolveuse un obradoiro de iniciación ao baile foliadeiro, e o xoves, xusto despois de comezar os actos, tivo lugar un de iniciación á percusión asturiana. Non faltou ocasión de cantar mollando a gorxa, como se amosou nos cantos de taberna que houbo en bares da vila. Para a noite deste sábado queda o derradeiro concerto, no que está prevista a presenza de Irmaus da raia seca, Tiruleque e Mondra. Así van pecharse tres días nos que a música deixou de novo unha forte pegada na capital da montaña.