Un hórreo tradicional restaurado en Baleira para recuperar o símbolo da Fontaneira

L.L. / M.F. LUGO / LA VOZ

A FONSAGRADA

As labores de recuperación deron o seu froito e o hórreo loce impresionante na Fontaneira
As labores de recuperación deron o seu froito e o hórreo loce impresionante na Fontaneira FOTO MANUEL

A construción foi recuperada con palla e madeira

09 dic 2021 . Actualizado a las 13:48 h.

Na montaña luguesa, nunha comarca especialmente salpicada polos hórreos, construcións tradicionais cada vez menos numerosas —aínda que só na Fonsagrada se conservan máis de catrocentos—, destaca o coñecido como «símbolo da Fontaneira». Trátase dun hórreo situado nesta parroquia de Baleira, en dirección á Fonsagrada, e que foi recentemente restaurado.

Estado inicial do hórreo, en mal estado e coa palla caída.
Estado inicial do hórreo, en mal estado e coa palla caída. FOTO MANUEL

Este hórreo, no que durante anos se gardaba a alimentación para pasar os longos e duros invernos da montaña, a xeito de despensa das familias, loce de novo coma nos seus mellores tempos. A construción atopábase nun pésimo estado de conservación, pero os seus propietarios decidiron restauralo respectando os materiais e as formas de construción tradicional, con palla e madeira. Traballo, tempo, vontade e investimento deron como resultado a recuperación dun hórreo tradicional da montaña para goce, non só dos propietarios, senón de todos os que por alí pasan.

O proceso de restauración levou moito traballo.
O proceso de restauración levou moito traballo. FOTO MANUEL