A mordedura na Fonsagrada precisou dunha complexa cura

La Voz LUGO

A FONSAGRADA

Feridas causadas pola mordedura dun can a unha muller na Fonsagrada
Feridas causadas pola mordedura dun can a unha muller na Fonsagrada CEDIDA

Unha muller resultou ferida o luns tras atacala un can semellante a un mastín español

25 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A muller asturiana trasladada o luns desde A Fonsagrada ao Hospital Universitario Lucus Augusti para ser atendida pola mordedura dun can tivo que recibir numerosos puntos de sutura para pechar a ferida.

O can, de gran tamaño e cuxa descrición coincide coa dun mastín español, mordeu á muller no lugar de Ferreiros, na parroquia de Fonfría. Ata alí se desprazou unha ambulancia do 061, que foi a primeira en chegar, ademais da Policía Local da Fonsagrada e da Garda Civil do municipio.

A muller, de 76 años e que se atopaba de vacacións no lugar, sufriu mordeduras importantes nas dúas pernas e no brazo dereito, aínda que por fortuna non se viu afectada ningunha arteria principal.

Nun primeiro momento fora trasladada ao PAC situado na Fonsagrada, pero despois, por precaución ante a gravidade das feridas, decidiron derivala ao HULA, onde foi atendida o pasado luns.