Gran encontro familiar na Fonsagrada para celebrar os 100 anos de Carmen Rodríguez


A fonsagradina Carmen Rodríguez López celebrou o seu 100 cumpreanos rodeada da súa familia (fillos, noras, netos, bisnetos...). Chegados de diferentes puntos do planeta, os sete fillos de Carmen acudiron a cita do cumpleaños centenario da súa nai. Agardaban en Cereixido coa mesa e mantel preparados os integrantes da familia Castelao, con Raúl e a súa dona Olga, coma anfitrións dunha celebración única.

Despois da misa celebrada na capela familiar, houbo un excelente xantar na casa natal para disfrute dos presentes, que se prolongou ata o anoitecer.

O empresario e produtor Julio Fernández (Cárnicas Casa Castelao, Filmax) estaba emocionado no lugar que o viu nacer, e ao que acode cando as súas multiples ocupacións llo permiten, para visitar á súa nai Carmen, a familiares, veciños e amigos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Gran encontro familiar na Fonsagrada para celebrar os 100 anos de Carmen Rodríguez