A Fonsagrada dedica a súa foliada ao bailador Horacio de Xestoso

A FONSAGRADA

MANUEL

A montaña lucense vive unha animada xornada de cultura tradicional

07 dic 2018 . Actualizado a las 18:10 h.

Sábado 8 • Todo o día • A Fonsagrada • 

A Fonsagrada celebra o sábado 8 a súa IV Foliada cunha xornada chea de actividades enfocadas a poñer en valor, difundir e gozar da cultura da montaña. Esta edición está dedicada ao baile, personificado en Horacio de Xestoso, un dos bailadores de referencia na comarca. De feito, no Concello Vello hai unha exposición sobre el para que quen o desexe poida afondar algo máis no baile na montaña. Os organizadores, A.C. Petapouco e a destempo, co apoio do Concello e establecementos locais, prepararon o seguinte programa para o sábado 8:

· 11.00h. Monográfica: Horacio de Xestoso

· 12.00h. Pasabares cos grupos De ninghures e Axeigo

· 17.00h. Obradoiro de baile, con Lis Latas. Praza da Igrexa (carpa climatizada)

· 18.00h. Cé Orquestra Pantasma. Na Praza da Igrexa

· 19.30h. Cantos de taberna: Lúa, Bodegón, Figueiro, Manaia Sea Ela!, Onde Luis, O Candal, Cantábrico, Club, Demetrio, O Pan de Iria, O Caldeira, Morodo. Con @s Pantox@s, Os do 13, Dalle que libra, Son de Lugh, Reviravolta, Azorrískalle, En faldas y a lo loco, Trasdalomba, Oquenosboten, Os 90’s de ningures, Arrincadeira, Antaruxas e sorteiros

· 22.00h. Foliada libre, con Nela, Modesto e amigos

· 23.30h. Airiños da Freba e Os d’Abaixo. Praza da Igrexa