As pedras do muíño do Pumares xa deixaron de facer fariña


/ la voz

O muíño do Pumares parou se cadra para sempre. As súas pedras xa non enchen sacos de fariña ou salvado. Alberto Rodríguez Pérez, que naceu no mazo de Villaframil no ano 1931, xa non está para pasar días enteiros moendo da mañá a noite para atender á veciñanza. Conserva un muíño polo que pasaron centos de persoas que se achegaban coas súas bestas cargadas con sacos de grao

A idade non llo permite, pero ben mirado xa non ten moito xeito ter un muíño andando a non ser para moer millo para o gando. Cada vez hai menos veciños que cozan na casa e, a maiores, vaise sementando cada vez menos. Alberto de Pumares, como se lle coñece, é o derradeiro muiñeiro da Fonsagrada. En 70 anos de profesión pasou de non dar abasto nas moendas a ir ao muíño só de vez en cando.

Alberto lembra que cobraba en grao: «Dous litros por fanega de centeo, trigo ou avea». Logo esa taxa, ese sistema de pago, sufriu unha evolución. «Nas últimas, a xente xa prefería pagar con cartos», contou. O muiñeiro tiña concesión de auga para o muíño, para unha planta de luz e para o regadío do prado. Todo forma parte do conxunto do mazo.

«As dúas pedras -contou- non paraban de moer. Só se detiñan cando durmiamos e, ás veces, non era moito». Cando casou con Estrella, vai para 70 anos, a parte de facela nai de seis fillos, tamén lle ensinou o oficio porque eran tempos en que catro mans no muíño facían falla.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

As pedras do muíño do Pumares xa deixaron de facer fariña