O fabricante de «birimbaos» que veu dun pobo no que xa non vive ninguén


a fonsagrada / la voz

Avida dá moitas voltas; tantas, que Oliverio Álvarez Lópe, nunca imaxinou que Invernal, a aldea da Fonsagrada na que naceu hai 79 anos, quedaría sen ningún habitante. Non hai quen o conte. Aínda que hai xa algún tempo que non exerce, este home é ferreiro. Enfronte da súa Forxa, que está en Queixoiro, a uns seis quilómetros da Fonsagrada, vese moi ao lonxe Invernal. El veu casar a Queixoiro e alí quedou.

«Toda unha vida na forxa!», dixo onte a súa dona. Foron moitos anos facendo aveños de todo tipo nuns tempos nos que as ferramentas da sega, por exemplo, resultaban indispensables. Oliverio non era dos que ían polas feiras vendendo a súas feituras. Sempre despachou na forxa porque axiña os clientes detectaron que as súas feituras eran de lei. Unha das súas especialidades nada tiña que ver coas ferramentas que vendía con maior facilidade era a feitura de “birimbaos”. Na bisbarra fonsagradina moitos tamén lles chaman trompas de boca. Trátase dun instrumento musical sinxelo, moi usado na comarca, baseado nunhas láminas que se fan soar coa boca.

Oliverio foi o último fabricante de “birimbaos”. Aínda hoxe, con 79 anos, vai ás veces á forxa para facer algún por encarga ou mesmo afinar algunha peza que xa non soa como debería. As moitas forxas da Fonsagrada van pechando. A deste home aguanta porque algún dos seus fillos, aínda non sendo ferreiro, non está disposto a que desapareza.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

O fabricante de «birimbaos» que veu dun pobo no que xa non vive ninguén