A Deputación mellora, con 333.000 euros, vías en Vilardíaz e Carballido na Fonsagrada

Estas actuacións incrementarán a seguridade viaria na zona

.

A Deputación mellora, con 333.000 euros, vías en Vilardíaz e Carballido na Fonsagrada. En concreto, son a LU-P- 1905 de Vilardíaz a Carballido, na que se están a acometer traballos de rehabilitación nun tramo de 1,9 quilómetros, e a LU-P- 1909 que se vai renovar na súa totalidade.

As actuacións consisten na renovación do firme, mellorando a capa de rodadura con aglomerado en quente, limpeza de cunetas e melloras na canalización, incremento da sinalización horizontal e vertical e, polo tanto, aumento da seguridade vial.

A LU-P-1905 une o núcleo de Vilardíaz coa parroquia de Carballido, pasando por Gromaz. Mentres que a LU-P- 1909 comunica os núcleos de Carballido e A Veiga de Logares, pasando por Graña, Llacín, Dradas, Louteiro e Llan.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A Deputación mellora, con 333.000 euros, vías en Vilardíaz e Carballido na Fonsagrada