Os ríos da provincia, de novo escenarios de actividades lúdicas

A Deputación preparou un programa de ocio nas áreas fluviais


Desde o 28 de xullo ata o 1 de setembro • De balde e para todos os públicos • 

Os ríos e as praias fluviais da provincia serán de novo escenarios de actividades lúdicas e deportivas que organiza a Deputación de Lugo, de balde e para todos os públicos. Haberá inchables, tobogáns, balancíns, polbos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs, animacións musicais e xogos populares. O programa é o seguinte: 

· Ribeira de Piquín. 28 de xullo. Área Recreativa Chao do Pousadoiro (17.00-20.00 horas).

· A Fonsagrada. 5 de agosto. Praia Fluvial Pena do Inferno (17.00-20.00 horas).

· Navia de Suarna. 11 de agosto. Área Fluvial A Pobra de Navia (16.30-19.30 horas).

· Negueira de Muñiz. 15 de agosto. Área Recreativa Virxe da Veiga (16.00-19.00 horas).

· Ribas de Sil. 16 de agosto. Praia Fluvial de San Clodio (17.00-20.00 horas).

· Láncara. 19 de agosto. Praia Fluvial da Pobra de San Xiao (17.30-20.30 horas).

· Trabada. 26 de agosto. Ría de Abres (16.00-19.00 horas).

· A Pontenova. 1 de setembro. Pozo da Ola (17.00-20.00 horas).

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os ríos da provincia, de novo escenarios de actividades lúdicas