Éxito no primeiro Memorial Carlos Pérez, na Fonsagrada

Manuel Fernández

A FONSAGRADA

MANUEL

Máis de trescentos rapaces de 18 clubs da provincia participaron nun encontro que lembra a figura do mozo fonsagradino, falecido recentemente

02 may 2018 . Actualizado a las 20:46 h.

O pasado martes, máis de trescentos rapaces déronse cita na Fonsagrada para disputar a primeira edición do Memorial Carlos Pérez Castelao, o xogador do club local que faleceu recentemente a idade de 29 anos, e que no mundo do fútbol era coñecido co nome de «Bastián». A súa viúva e o seu irmán foron agasallados cunha camiseta enmarcada co número que lucía Carlos nas costas, o 23.

MANUEL

A xornada celebrouse cun día, bo ambiente nas gradas e a vila da montaña chea de xente, xa que participaron nenos de 18 clubs da provincia, das categorías prebenxamín, benxamín e alevín.