A Fonsagrada agarda o domingo máis de cen persoas no Xantar Gaiteiro

O encontro servirá tamén para homenaxear a tocadores da comarca


Domingo 18 • A Fonsagrada • Información e reservas: 986 847 074, 982 229 966 ou secretaria@gaiteirosgalegos.gal •

A Asociación de Gaiteiros Galegos celebra o XXIII Xantar Gaiteiro na Fonsagrada, con máis de cen persoas vencelladas coa cultura tradicional e unha homenaxe a tocadores da comarca: Manuel Enriquez Fernández (Nela de Bres), Taramundi; Constante Fernández Castelao (Constante de Valiña), Carballido; Otilio Fernández García (Otilio da Burela), Carballido; César Fernández Fernández (César de Montixo), Leituego; Desiderio Sampaio Rico (Siderio de Vilarmide), A Pontenova; Modesto Arias López (Modesto de Murias), A Fonsagrada; Hilario Lombardia Rodil, Taramundi; Antonio Arias (Corredoira), Xestoso; Manuel Fernández Diaz (Juano), San Martín de Suarna; Antonio Fernández (Paradiñas), Pobra de Burón; e Dositeo López Fernández (Dositeo do Fito), San Martín de Suarna.

· 12.30h. Visita guiada ao Museo Etnográfico

· 13.15h. Roteiro polos bares

· 14.30h. Xantar no restaurante O Piñeiral

· 16.30h. Homenaxe a tocadores da comarca

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A Fonsagrada agarda o domingo máis de cen persoas no Xantar Gaiteiro