Continúa a Feira do Butelo na Fonsgrada

A FONSAGRADA

FOTO MANUEL

Un total de 65 expositores daranse cita na Fonsagrada na XXI Feira do Butelo

03 feb 2018 . Actualizado a las 21:32 h.

A Fonsagrada celebra esta fin de semana a XXI Feira do Butelo, na que se porán á venda dez toneladas deste embutido, a un prezo de entre 9 e 10 euros o quilo. Nesta cita gastronómica reuniranse un total de 65 expositores, con produtos variados: butelo, por suposto, pero tamén outros embutidos, carnes curadas, produtos salgados, pementos, doces, queixos, viños de Negueira de Muñiz e artesanía tradicional (coiro, minerais, cerámica, xoiaría, vidro...) de diferentes puntos da Península. Ademais, tamén haberá actuacións musicais e o domingo entregarase ao ferreiro Oliverio Álvarez López o tradicional galardón Butelo de Ouro. 

Tras a primeira xornada, hoxe, mañá continúa a programación. Malia o mal tempo, na vila viviuse unha xornada de animación. 

O  programa de actos para mañá é o seguinte:

Domingo 4

10.00 horas: Apertura da carpa

12.30 horas: Actuación do grupo de música tradicional, Illa Pancha

13.00 horas: Entrega da distinción Butelo de Ouro, no Salón de Plenos do Concello, a Oliverio Álvarez López, ferreiro

13.30 horas: Actuación musical da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros

20.00 horas: Peche da carpa e remate da feira