A Deputación mellorou o abastecemento de auga na Fonsagrada e accesos rurais

O goberno investiu no municipio máis dun millón de euros no último ano e medio


Os máis de 3.500 veciños de Fonsagrada beneficiáronse no último ano e medio dun investimento do Goberno da Deputación de máis de 1 millón de euros, con esta achega económica adquiriuse unha maquinadora niveladora, substituíse os equipos de bombeo de auga para abastecer a Fonsagrada beneficiando a mais de 2.000 veciños, ademais mellorarase o acceso de Paradanova a Fornos da Cal e de Restrumeiro.

Sobre a xeración de emprego este Concello beneficiouse dun investimento de máis de 260.000 euros, dentro do plan de emprego da Deputación nos Concellos da provincia cos que xerou 16 postos de traballo. Con cargo a este programa contratáronse 2 maquinistas, 2 albaneis e 1 monitor deportivo.

Servizos Sociais. O Goberno da Deputación atende a 60 maiores deste Concello cunha achega económica de 56.500 euros, e que prestan máis de 5.300 horas de atención aos usuarios.

Mellora de infraestruturas. A Fonsagrada mellorou con máis 205.000 euros como por exemplo melloráronse os acesos a varios núcleos rurais, como as Cancelas, a reparación de beirarrúas nos Chaos. E ademais melloraranse os accesos de Carballido, Riodeporcos e Noceda.

Novas dotacións. O goberno da deputación destinou máis de 300.000 euros en novas dotacións publicas municipais, por exemplo melloráronse as traídas de auga en Sequeiro, Castañoso, Ervellais e Francio, beneficiando a preto de 30 familias que viven nestes núcleos rurais. Ademais o executivo provincial ampliou a bancada e acondicionou a zona perimetral do campo de fútbol da Fonsagrada.

Cultura e Turismo. O organismo provincial financiou integramente as escavacións arqueolóxicas no Castro do Castelón en Castañoso, aínda sen ter as competencias directas neste eido. Ademais este investimento permitiu a celebración dunha nova edición da Feira do Butelo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Deputación mellorou o abastecemento de auga na Fonsagrada e accesos rurais