A Deputación mellorou con 305.000 euros 19 traídas de auga, accesos viarios e locais sociais do rural

O goberno provincial resolveu a contratación de 4 desempregados lucenses que comezarán a traballar noutros tantos Concellos da provincia, a través do Ben Empregado


O deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, informou este venres que o goberno provincial rematou 19 obras de mellora noutras tantas traídas de auga, accesos viarios e locais sociais de núcleos rurais de 15 municipios lugueses, ás que destinou 305.000 euros. Fernández Queipo explicou que en total executan 129 actuacións desta índole en localidades rurais de toda a provincia con 1,5 millóns de euros. A xunta de goberno deste venres aprobou as contas xustificativas dos traballos rematados.

As 19 actuacións xa executadas son: 

Lugo: construción dun depósito de auga veciñal no Espiñeiro con 21.400 euros.

A Fonsagrada: creación dun abastecemento de auga no lugar do Fito con 19.500 euros.

Ribeira de Piquín: creación dun depósito de auga na Lama con 30.000 euros.

Folgoso do Courel: construción dun abastecemento de auga no Órreo con 28.900 euros, e a creación dun depósito de auga e abastecemento de Meiraos con 26.052 euros.

Taboada: a creación dunha captación do manantial San Cristobal Norte con 28.600 euros

Cervantes: creación dun abastecemento de auga en Catroventos con 21.300 euros; e mellora da rede de abastecemento no Río do Castro.

Quiroga: limpeza de accesos e mellora de captación en Sequeiros con 9.975 euros, e melloras do accesos á fonte de Novais con 6.719 euros

Navia de Suarna: mellora da rede de abastecemento en Silvouta con 9.300 euros

Bóveda: mellorar da rede de abastecemento de auga dos veciños de Santa Lucía con 10.000 euros

Mondoñedo: acondicionamento de accesos a vivendas de Maariz con 7.273 euros.

Monterroso: melloras no monte veciñal en man común de Sambrexo con 11.998 euros; e acondicionamento de camiños a Lodoso con 12.000 euros.

O Incio: para a mellora de camiños en Trascastro con 11.554 euros.

A Pontenova: para a mellora de accesos á escola pública en Santa Comba de Órrea con 12.000 euros.

Castro de Rei: mellora do local social de Ludrio con 8.300 euros.

Xermade: o acondicionamento da Casa Escola con 10.759 euros.

Máis emprego

Por outra parte, o goberno da Deputación resolveu a contratación de 4 desempregados lucenses que comezarán a traballar noutros tantos Concellos da provincia, a través do Ben Empregado 2 e 3: 1 camareiro en Castro de Rei, 1 peón no Saviñao, e dous técnicos forestais, 1 en Trabada e outro en Monforte de Lemos. O Deputado lembrou que continúa aberto ata o 18 de outubro o prazo para que empresas e colectivos sen ánimo de lucro da provincia soliciten as axudas do Ben Empregado 4!.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A Deputación mellorou con 305.000 euros 19 traídas de auga, accesos viarios e locais sociais do rural