Rutas, proxeccións, concertos, debates e sorteos animarán a cita cultural do Festival de Cine de Roca-Cine de Música, organizado por Xermolos
13 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Todo listo en Guitiriz para celebrar o Festival de Cine de Roca-Cine de Música, que organiza a Asociación Cultural Xermolos. Haberá proxeccións, concertos, rutas, debates e sorteos, do 17 ao 19.
XOVES 17. CAFÉ PUB SOA
· 20.00h. Inauguración
· 20.30h. Proxección La marsellesa de los borrachos.
· 22.00h. Concerto de Leo Arremecaghona.
VENRES 18. IGREXA DE ROCA
· 20.30h. Proxección Ao son da nova regueifa, con presentación, coloquio e noitada de regueifa con Manolo Maseda, Pablo López e Almudena Falcón.
SÁBADO POLA MAÑÁ
· 9.30h. Ruta da Auga San Alberte-Parga. Roteiro de interpretación da natureza guiado por Cristina Rodríguez, botánica; Lois Pérez, ornitólogo; e José Manuel Veiga, técnico forestal. Saída desde a Capela de San Alberte. Haberá transporte de regreso desde Parga.
SÁBADO POLA TARDE. IGREXA DE ROCA
· 13.00h. Xogos tradicionais. Cedidos por Xotramu de Muimenta.
· 13.30h. Pregón Lucía Veiga.
· 14.00h. Sesión vermú co cuarteto de música tradicional Seimeira.
· 16.30h. Proxección e coloquio musicado, Todo pode esperar, con Borja Casal e César Morán.
· 18.45h. Sorteo dunha cesta de produtos artesanais e bono Iberik Gran Balneario de Guitiriz.
· 19.00h. Concerto de Zeltia Irevire.
· 20.15h. Concurso de curtametraxes.
· 20.30h. Proxeccións de curtas galegas: Regueifando con pracer, de Cora Peña; Galletas de Xián: un doce legado, de David Vázquez; e Terra de pandeiretas, de Laura de Diego.
· 22.00h. Proxeccións de curtas non galegas: Hauspoa & Tunela, Euskadi, de Iñaki Pinedo & Gorka Hermosa; Bemolución, Arxentina, de Jose Issa; La peña, Andalucía, de Javier Gómez e Ezequiel Comesaña; e Habeas Pinho, Brasil, de Nathan Cirino e Aluizio Guimarães.
· 00.00h. Coloquio
· 00.30h. Veredicto e entrega de premios.