Eventos, festivais e actividad para esta semana en Lugo

Claudia López / M.G LUGO / LA VOZ

LUGO

Edición pasada do Vendaval Fest, en Ribadeo
Edición pasada do Vendaval Fest, en Ribadeo

Actividades, eventos e cultura para sacarlle partido a este verán na provincia

20 jul 2026 . Actualizado a las 18:00 h.

LUGO

Concertos ciclo Experimenta. Continúa o ciclo Experimenta! coa súa segunda data, mañá ás 20.30 na Capela de Santa María da man do dúo granadino Matsu, un proxecto de música electrónica que nace da experimentación e exploración da música ambiental, e a súa conxugación coa electrónica de baile. O acceso é libre e de balde ata completar aforo.

Deporte nas rúas. Continúan os eventos de pilates na beira do Miño cada luns e mércores ás 18.30 horas, onde so é necesario levar esterilla propia e auga fresca. Por outra parte á par, continía a ximnasia no parque da Milagrosa, cada martes e xoves ás 18.30 horas, ao longo do resto do verán. Ambas actividades son de balde e non requiren inscrición previa.

RIBADEO

Espectáculo musical e teatral. A Banda do Verán presenta o vindeiro 23 de xullo ás 20.00 horas no Campo de San Francisco (Ribadeo) o seu espectáculo musical e teatral Conto Concerto, baseado no libro-disco editado por Galaxia Estamos no verán!!!. Enfócase nun público infantil e a entrada será de balde.

Festival Vendaval Fest. O Festival de rock, celebrado en Ribadeo será este venres 24 ata o sábado 25, contará coa participación de bandas nacionais, emerxentes ou consolidadas, dentro do panorama rock e punk, buscando dinamizar a cutura local. Hai varios tipos de prezos según a entrada, de 17 euros ata o abono dos dous días por 35. Os menores de 18 anos poden acceder gratuítamente. Poderán adquirir entradas na web: vendavalfest.com

RIBEIRA SACRA

Festival 17º Ribeira Sacra. O vindeiro 24, 25 e 26 de xullo celébrase unha nova edición do festival de música Dezaseteº Ribeira Sacra. Un festival con escenarios repartidos ao longo da zona sur da provincia, incluindo concertos, catas, rutas, visitas especiais e actividades que combinan música, paisaxe, viño e gastronomía. Hai varios prezos de entrada, actualmente a maioría atópanse esgotadas, salvo no caso sas Regina Viarum, que inclúen a programación musical nas Bodegas Regina Viarum do venres 24. Pódense adquirir as entradas na web: festivalribeirasacra.com

CHANTADA

Música para os máis pequenos. O vindeiro 24 de xullo, ás 20.00 horas terá lugar na Praza do Cantón, en Chantada, as Olimpíadas do Tibu, un evento musical da man do DJ Tibu, onde os nenos e nenas poderán gozar de xogos variados e entretidos. A entrada será gratuita.

CERVO

Espectáculo teatral. Este venres, ás 20.00 horas no conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, da man do Centro Dramático Galego en coprodución con Espectáculos Valente, presentan Ñiqui Ñaque, un espectáculo baseado no texto orixinal de Cándido Pazó, onde Cosme e Damián, dous cómicos ambulantes a punto de disolver a súa compañía, reciben unha chamada do Gran Duque, que os levará a vivir unha gran aventura. Unha obra chea de metáforas, reflexións, artes escénicas e conflictos internos. A entrada será de balde.