Música, mercados e moita festa estes días en Lugo

CLAUDIA LÓPEZ / M.G. LUGO / LA VOZ

LUGO

A bendición dos coches está presente na festa de Monterroso
A bendición dos coches está presente na festa de Monterroso Antonio Meilán

Monterroso e Samos celebran festas esta fin de semana

08 jul 2026 . Actualizado a las 21:26 h.

A provincia de Lugo gozará de festas, concertos e actividades ao longo de toda a fin de semana.

LUGO

Concerto de Los robustos. Venres 10 de xullo, ás 22.30 horas.

Los robustos tocarán na Sala Jagger un repertorio de clásicos do pop e rock español entre as décadas dos 80 aos 90, con cancións de artistas como Fito & Fitipaldis, Rosendo e Extremoduro, entre outras bandas. A entrada poderase adquirir no despacho de entradas por 5 euros.

MEIRA

Concerto

Este venres, ás 20.30 horas, na Praza do Concello de Meira estarán tocando os alumnos da Escola de Música Municipal de Meira (ESMU) pola parte de percusión e vento metal. Non se require a compra de entradas.

MONTERROSO

Festas de San Cristovo

Este venres será a Festa de San Cristovo 2026 en Monterroso, podendo verse sesión vermú e actuacións ao longo do día de parte de artistas como Falcatrueiros, o grupo La Bamba e Os Charangos de Neda. Á música súmaselle un desfile de coches.

BURELA

Carreira

O sábado 11 de xullo, ás 10.00 horas, na praia do Portelo en Burela, será a X Carreira Burela Bonita en Burela, organizada polo Concello. As inscricións serán na web www.sportmaniacs.com e a recollida de dorsais será ás 11.00 horas do mesmo día.

BARREIROS

Sesión de contos

O vindeiro domingo, ás 20.30 horas, en Cabarcos (Barreiros), Bea Campos achega unha sesión de contos e un espazo de reflexión sobre roles e desigualdade de xénero. A entrada será de balde e a sesión estará máis enfocada a un público adulto.

SAMOS

Festa de San Benito

Este venres comeza a fin de semana das Festas de San Benito 2026 en Samos. A celebración abarcará desde mañá ata o domingo 12 de xullo. Mañá, ás 22.00 horas, será a pre-festa con Panosedan, grupo lucense. O resto da fin de semana poderanse ver máis actuacións e concertos.

VILALBA

Ciclo musical

Este venres será a segunda actuación musical do ciclo «Seráns con Son», unha iniciativa do Concello de Vilalba. Os artistas deste segundo ciclo serán Terrae & Natasia Zücher, que mesturan sons electrónicos con ritmos tradicionais. O ciclo de actuacións está dividido en sete ao longo dos xoves de xullo e principios de agosto, todos ás 20.30 horas.

A POBOA Do BROLLÓN

Feira Guímara

A Pobra do Brollón acollerá este sábado, 11 de xullo, desde ás 11.30 ata ás 22.00 horas, a sexta edición da Feira Guímara, unha xornada para todos os públicos, chea de historias, música, cultura e actividades. O programa inclúe a representación da Revolta Guímara, así como o pregón a cargo do historiador Manuel Leiras entre outros invitados. Durante a feira haberá mesas de uso libre para xantar de romería.

RÁBADE

Presentación poemario. Mañá, ás 20.00 h, presentarase no Centro Sociocultural de Rábade, o poemario «Berros do Silencio», un encontro entre poesía e memoria da man do propio autor José Torres Piñeiro e outras figuras como a alcaldesa de Rábade, Remedios González, Jordi Cicely (escritor) e Euloxio Fernández (Dramaturgo). A entrada será libre ata completar aforo.