Actuacións, concertos e proxeccións para estes días en Lugo

CLAUDIA LÓPEZ, M.G. LUGO / LA VOZ

LUGO

Alma Selene actúa en Lugo este xoves
Alma Selene actúa en Lugo este xoves

A programación cultural ofrece actividades para todos os públicos

08 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A oferta de cultura e de lecer desta semana inclúe actuacións, concertos e proxeccións en distintas vilas.

 LUGO

Alma Selene canta a Lorca. Este xoves, 9 de xullo, ás 20.30 horas, Alma Selene, actriz e declamadora, cantará a Lorca na Librería Galicia.

A proposta é un percorrido por Federico García Lorca a través da canción, con aire andaluz e ecos de jazz.

Concerto de Iria Estévez. Tamén o xoves 9 de xullo, ás 21.00 h, terá lugar o concerto «Fados», de Iria Estévez.

Será no restaurante Il Farabutto, do Club Fluvial, con entrada gratuíta para disfrutar xunto ao río.

A FONSAGRADA

Espectáculo de maxia. Este mércores terá lugar ás 19.00 horas, na praza da Igrexa da Fonsagrada, «Trasnadas Revolucionarias».

Este espectáculo de maxia e comedia vai da man da Maga Fani.

O VICEDO

O sábado 11 de xullo terá lugar a vixésimo sexta edición da Festa do Cabalo no Vicedo, no parque eólico de Riobarba. Está organizada polo Concello do Vicedo en colaboración con Cabaleiros Rías Altas.

Será unha xornada chea de gastronomía, sorteos e, o máis importante, probas e carreiras a cabalo ao longo de 5 categorías. O campeonato oficial será as 17.00 h e ás 19.30 h, o día culminará cun baile.

BURELA

Este xoves, 9 de xullo, ás 22.30 horas, en Burela, terá lugar unha das proxeccións de Cine na Rúa co filme animado de Disney «Del revés 2».

Non é necesario inscribirse previamente e é para todos os públicos.

MONTERROSO

Este xoves, 9 de xullo, ás 17.00 horas, na área recreativa da Peneda, de Monterroso, Paco Nogueiras presenta «C@nto Contigo», un percorrido por cancións dos seus traballos «Brinca Vai!», «Radio Bule Bule» e «Extra!».

A entrada será gratuíta e o espectáculo estará enfocado ao público infantil.

O COUREL

O vindeiro sábado, 11 de xullo, en Folgoso do Courel, arranca a primeira data do festival de jazz e blues na montaña. Os primeiros artistas serán Peter Storm e The Blues Society xunto con Ava Trío e Esperante.

As seguintes datas do festival son o 18, 24 e 25 de xullo, 5 e 12 de agosto, e a última data, o 21 de novembro.

PEDRAFITA DO CEBREIRO

Este sábado, 11 de xullo, e domingo 12 de xullo terá lugar o V Encontro Internacional de Cestería no Camiño en Pedrafita do Cebreiro, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00. O sábado, de 11.00 a 13.30 horas, será a mesa redonda.