Chega a Lugo o festival Experimenta, con música e audiovisual de vangarda en directo

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Presentación del Ciclo Experimenta
Presentación del Ciclo Experimenta

Actuarán Rüdiger, Matsu e Gazella, entre os días 21 e 23

05 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Música e audiovisual experimental en directo chegarán a Lugo co Ciclo Experimenta!, do 21 ao 23 de xullo, nos xardíns do Pazo de San Marcos e na Capela de Santa María, impulsados polo Tele-Clube.

O martes 21, ás 20.30 nos xardíns do Pazo, comezan as actividades Rudiguer, dende Bera (Nafarroa), experimentando con paisaxes sonoras e lo-fi para fusionar a psicodelia co vangardismo.

O mércores 22, na Capela de Santa María ás 20.30, con Matsu (Granada) seguirá a electrónica sentimental que fusiona tamén paisaxes sonoras evocadoras, esta vez coa electrónica de baile.

En canto ao xoves 23, nos xardíns do Pazo ás 20.30, Gazela poñen fin ao ciclo cunha evolución dos seus shoegaze e dreampop atmosférics.

O Ciclo Experimenta naceu para procurar outras vidas a espazos agochados da cidade de Lugo, ademais de transformar os usos para os que foron inicialmente deseñados noutros destinos sociais, culturais e artísticos, coa música en directo como motor de movemento. Con estes vimbios confecciónase o Ciclo Experimenta que Tele-Clube organiza, coa colaboración e apoio da Deputación.

A riqueza e diversidade das linguas, o audiovisual, a poesía e a mestura da música folclórica tradicional con propostas innovadoras e rupturistas son os eixos en que se fundamenta esta andaina do Ciclo Experimenta, que se desenvolverá en escenarios distintos. O movemento entre espazos provoca cambios na percepción do público.