O cantautor berciano interpretará poemas acompañado pola súa guitarra
05 may 2026 . Actualizado a las 14:32 h.A programación cultural de Meira terá este verán unha cita sinalada. Amancio Prada actuará na vila o 6 de agosto (igrexa parroquial, nove da noite), protagonizando o concerto denominado «Místicos e románticos». O programa do concerto, presentado este luns, inclúe un achegamento a catro coñecidos autores da literatura española: dous deles, Santa Teresa de Jesús e San Juan de la Cruz, entran dentro do misticismo, e dous, Rosalía de Castro e Gustavo Adolfo Bécquer, foron grandes figuras do romanticismo. O concerto está organizado pola Deputación, co apoio do Concello meirego e da Confraría Nosa Señora do Pedregal.
Para Amancio Prada, cantar nun espazo coma a igrexa de Meira, un sinalado elemento da arquitectura románica en Galicia, supón un pracer especial. Na súa longa traxectoria artística ten habido xa adaptacións de textos poéticos, non só de Rosalía sentón de autores coma Lorca ou Álvaro Cunqueiro. O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, salientou que este tipo de actividades axudan a salientar o valor do patrimonio.
As entradas poden comprarase xa en Ataquilla e na oficina de turismo de Meira.